Jump to content

Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Santiago de Compostela

Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

Porta principal da facultade.
Universidade:
Universidade de Santiago de Compostela
Localización: Santiago de Compostela
Campus: Campus Norte
Enderezo: Avda. do Burgo, s/n. 15782
Ano de fundación: 1966
Decano: Xoán Ramón Doldán Garcia[1]
Docentes: 166 (ano 2012)
Estudantes: 3.500
Teléfono: 881811706
Correo electrónico: ecoade.decanato@usc.gal
Páxina web: https://www.usc.gal/gl/centro/facultade-ciencias-economicas-empresariais

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais forma parte da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e está situado na avenida do Burgo das Nacións, no campus norte de Santiago de Compostela. O edificio foi inaugurado o 25 de xullo de 1976 polos Reis de España Xoán Carlos I de España e Sofía de Grecia.

Historia

[edit | edit source]

[2]A fundación da Facultade de Económicas e Empresas no seo da USC foi no ano 1966 baixo o nome de Facultade de Ciencias Políticas, Económicas y Comerciales. Nun principio, a súa situación produciu controversia dado que se dubidaba entre situala na cidade de Santiago de Compostela ou na da Coruña. Esta pugna veu dada pola feito de que Madrid e Barcelona foron as primeiras cidades en albergar unha facultade de económicas de seu, a universidades de Valladolid e Granada, foron as seguintes, emprazando a facultade nas cidades de Bilbao e Málaga, respectivamente, o que podería xustificar situar a facultade na Coruña a pesar de non posuír campus. Finalmente a situación foi en Santiago de Compostela, e para o que contou co apoio financeiro de institucións e empresas como El Correo Gallego e máis tarde a Confederación de Caixas de Aforro de Galicia.

As clases comezaron a impartirse no curso académico 1967-1968 na Facultade de Dereito de onde procedían a maioría dos profesores pioneiros da carreira. Tratábase dunha época que destaca polo auxe das cancións protesta, o movemento revolucionario estudantil iniciado en Francia no 1968, a implicación do Partido Comunista nas esixencias dos sindicatos estudantís... Neste senso, a facultade , debido o seu carácter revolucionario, probablemente polo feito de estar ligada ás ciencias sociais, foi cualificada como “roxa” xa que acentuou este aspecto dende os seus comezos.

A Revista Galega de Economía publicou o volume 27-3 no ano 2018, dedicado ao 50 Aniversario dos estudos de economía galega, incluído un artigo dedicado aos primeiros profesores e a "50 anos de investigación económica en Galicia, 1967-2017"[3].

En 1975, previamente á morte de Francisco Franco, xorde un forte movemento estudantil contra o Réxime, a razón descansaba no feito de que ser estudante garantía certa inmunidade á hora de que o réxime tomara represalias, ou polo menos en comparación coa clase obreira (por aquel entón menos do 5 % de universitarios eran fillos de obreiros o que implicaba que a maior parte pertencían a familias acomodadas). Desta forma, suspendéronse as clases en todas as facultades da Universidade de Santiago de Compostela como ocorría no resto do país debido ós movementos sindicais. No caso da USC o paro académico durou aproximadamente tres meses aínda que a Facultade de Económicas e Empresariais, polo seu cualificativo de “roxa” mantivo o paro durante case todo o curso. Este feito provocou que as xeracións afectadas polo paro tivesen dificultades para atopar emprego en sucesivos anos, xa que non dispuñan dos coñecementos mínimos que poderían ter outros alumnos doutras facultades que non se viran tan afectados pola suspensión das clases.

Seguindo coa situación da facultade, o segundo curso da licenciatura ten lugar,de forma provisional,no Burgo das Nacións. Destacar que, durante os primeiros anos, a modalidade de Empresariais considerábase unha especialidade da carreira xunto con Economía Xeral. A primeira era impartida por profesorado da Escola de Comercio da Coruña, a cal, previamente iniciara a loita para que a licenciatura fora impartida por eles, e a segunda corría a cargo de famosos economistas teóricos daquel tempo. En xeral, a contratación de profesores iniciada, sobre todo, tras o segundo curso académico unha vez deixada a facultade de Dereito, foi considerada coma unha recolección de cerebros que espertou, ademais, en todo o país tras a publicación da Lei xeral de educación de 1970. Destacar que en 1973 instáurase un novo Plan de Estudos que xa recoñece de forma diferenciada a Licenciatura en Economía e Licenciatura en Administración e Dirección de Empresas.

Posteriormente, a facultade trasladouse do Burgo das Nacións ó pavillón de aulas da Facultade de Farmacia, que estaba daquela en construción, o seu terceiro traslado foi ó Pazo de Fonseca, pero xa no ano 1971 estábanse iniciando os preparativos para a construción dun novo edificio que daría lugar á facultade actual. Nun primeiro momento pensouse en localiza-la onde actualmente se sitúa a Facultade de Bioloxía, pero iso suporía ter á Facultade de Económicas e a de Dereito moi preto e en pleno centro do Campus, feito que a experiencia de campus madrileños non aconsellaban polas revoltas estudantís. Por ende, a construción tivo lugar onde actualmente coñecemos , e o proxecto foi rematado e entregado no ano 1975. En 1976 trasládanse, ambas licenciaturas á Avenida do Burgo das Nacións, no campus norte de Santiago.

Na década dos 90 o actual edificio da facultade sofre unha ampliación debido o gran volume de alumnado duplicando o seu número.De feito, o número de estudantes que comezaban a carreira foi crecente ata que no ano 2011, debido á reforma universitaria, decidiuse reducir mediante numerus clausus ata un 20 %. Actualmente, ás reformas do edificio seguen indo parellas á evolución do alumnado. Por iso, debido a recente incorporación do novo Plan Bologna, que aposta por unha ensinanza mais personalizada, a facultade sufriu leves repormas no seu interior.

A Facultade das Ciencias Económicas e Empresariais ten un representante, director e xestor do centro que é o Decano da Facultade e o longo dos anos fóronse sucedendo diferentes decanos:

Nome Anos no cargo
Luís Suárez Llanos 1969-1972
Bernardo Pena Trapero 1973-1975
Luís Suárez Llanos 1975-1980
Jaime García-Lombardero y Viñas 1980-1982
Xosé Manuel Beiras Torrado 1982-1983
Xosé Vilas Nogueira 1984-1986
L. Caramés Viéitez 1987-1989
Jose Carlos De Miguel Domínguez 1989-1995
Javier Rojo Sánchez 1995-2003
Xaime Barreiro Gil 2003-2007
Maite Cancelo Márquez 2007-2011
María Emilia Vázquez Rozas 2011-2018

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais sempre albergou numerosas obras de arte doazón de artistas coñecidos como Camilo Otero, Alfonso Costa, Ánxel Huete, Xulio Maside, Antón Patiño, Xavier Pousa ou Xaime Quessada.[4]

Unha das pezas máis significativas, debido á súa privilexiada situación na entrada da facultade, é a escultura chamada A Pasionaria de Camilo Otero datada en 1978 e dedicada á propia Dolores Ibárruri, curioso feito, dado o carácter da facultade cualificada durante o franquismo como “a roxa”. Dita escultura tamén foi coñecida coma "O galo" pola súa estrutura. Unha vez feita foi doada ó concello de Santiago e á súa vez, á Facultade porque o artista reflectía nela símbolos matemáticos xunto coa importancia destes na vida, como ocorre na rama das ciencias sociais.

Administración e Goberno

[edit | edit source]

[5]Xunta de facultade

[edit | edit source]

A Xunta de Facultade, como órgano colexiado de goberno do centro, aproba as liñas xerais de actuación no ámbito da Facultade e supervisa o labor dos seus órganos de dirección e xestión e está formado por:

Representantes Porcentaxe Representación
Persoal funcionario docente e/ou investigador 51%
Persoal non funcionario docente e/ou investigador a tempo completo Até o 12%
Persoal non funcionario docente e/ou investigador a tempo parcial Até o 12%
Estudantado de primeiro e segundo ciclo 25%
Estudantado de terceiro ciclo 5%
Persoal de administración e servizos (mínimo 2 representantes) Até o 5%

Equipo decanal

[edit | edit source]

O equipo decanal representa á Facultade, exerce a súa dirección e a xestión ordinaria e convoca, preside e coordina a actuación dos órganos colexiados de goberno do centro. As súas competencias estenderanse a todos os asuntos relativos ao goberno e administración da Facultade, de non seren atribuídos expresamente a outros órganos.

O mandato equipo será de catro anos e non poderá desempeñar este cargo máis de dous mandatos consecutivos. E serán nomeados polo reitor da universidade a proposta do decano da Facultade.

Cargo Nome
Decano Xoán Ramón Doldán García
Vicedecano Adrián Dios Vicente
Vicedecana María Del Rosario Vidal Lopo
Vicedecana Romina García Chas
Vicedecano Oscar Rodil Marzabal
Secretario/a de Facultade María José Barcia Domínguez
[6]

Servizos

[edit | edit source]

Apoio a docencia e investigación

[edit | edit source]
  • Biblioteca Universitaria da Facultade
  • Aula de informática accesible para calquera membro da comunidade universitaria

Administración

[edit | edit source]
  • Unidade Administrativa[7]

Outros servizos

[edit | edit source]
  • Cafetería e Comedor
  • Reprografía

Estudos

[edit | edit source]

Licenciaturas (en extinción)

[edit | edit source]
  • Licenciatura en Administración e Dirección de Empresas
  • Licenciatura en Economía

Graos

[edit | edit source]
  • Grao en Administración e Dirección de Empresas
  • Grao en Economía

Másters

[edit | edit source]

Oficiais

[edit | edit source]
  • Máster Universitario en Desenvolvemento Económico e Innovación[8]
  • Máster Universitario en Economía: Organización Industrial e Mercados Financeiros[9]
  • Máster Universitario en Dirección de Empresas[10]
  • Máster Universitario en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas[11]
  • Máster Universitario en Desenvolvemento Rexional e Integración Económica[12]

Propios

[edit | edit source]

Asociacións de estudiantes

[edit | edit source]
Escultura A Pasionaria de Camilo Otero Martín, diante da Facultade, Santiago de Compostela.

[16]Con representación na xunta de centro

[edit | edit source]
  • Liga Estudantil Galega [17]
  • Asociación de Estudantes de Económicas e Empresariais (AEE)[18]
  • Cidade

Sen representación na xunta de centro

[edit | edit source]
  • Asociación Nova Economía e Empresa Tecnolóxica (ANEET)[19]
  • Junior Empresa de Santiago (JEMSA)[20]
  • Asociación de Formación en Finanzas de Santiago (AFFS)
  • Club Emprende M.A.S. (Mocidade Activa e Sinerxía)[21]

Notas

[edit | edit source]
  1. "Goberno". Universidade de Santiago de Compostela. Consultado o 3 de abril de 2023. 
  2. "Testimonio de unos comienzos" sacado dos Actos conmemorativos do 40 aniversario da Facultade, gardado na web da Universidade de Santiago
  3. 50 anos de investigación económica en Galicia, 1967-2017
  4. "Plano da Facultade coas obras de Arte" Arquivado 20 de abril de 2012 en Wayback Machine., obtido da web da Universidade de Santiago de Compostela
  5. "Regulamento de Réxime Interno" Arquivado 13 de abril de 2012 en Wayback Machine., obtido da web da Universidade de Santiago de Compostela
  6. "Goberno". Facultade de Ciencias Económicas e EmpresariaisUniversidade de Santiago de Compostela. Consultado o 3 de abril de 2023. 
  7. "Unidade de Apoio a Xestión de Centros e Departamentos " Arquivado 02 de novembro de 2012 en Wayback Machine., obtido da web da USC
  8. "Web do Máster Universitario en Desenvolvemento Económico e Innovación ", obtido da web da USC.
  9. "Web do Máster Universitario en Economía. ", obtido da web da USC.
  10. "Web do Máster Universitario en Dirección de Empresas ", obtido da web da USC.
  11. "Web do Máster Universitario en Turismo Urbano e Xestión de Empresas Turísticas ", obtido da web da USC.
  12. "Web do Máster Universitario en Desenvolvemento Rexional e Integración Económica", obtido da web da USC.
  13. "Web do Máster en Banca, Finanzas y Seguros". Sitio web da Universidade de Santiago de Compostela. Arquivado dende o orixinal o 8 de xuño de 2013. "}
  14. "Web do Máster en Dirección e Xestión do Comercio Exterior ", obtido da web da USC.
  15. "Web do Máster en Xestión de Proxectos de Medio Ambiente e Responsabilidade Social Corporativa " Arquivado 30 de abril de 2012 en Wayback Machine., obtido da web da USC.
  16. "Asociacións de Estudantes", obtido da web da USC.
  17. "Web da Liga Estudiantil Galega" Arquivado 17 de maio de 2014 en Wayback Machine., obtido da web da USC.
  18. "Web da Asociacion AEE" Arquivado 07 de maio de 2013 en Wayback Machine., obtido da web da USC.
  19. "Web da Asociación ANEET" Arquivado 08 de abril de 2012 en Wayback Machine., obtido da web da USC.
  20. "Web da Asociación JEMSA" Arquivado 21 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine., obtido da web da USC.
  21. "Web da Asociación Club Emprende M.A.S." Arquivado 02 de setembro de 2012 en Wayback Machine., obtido da web da USC.

Véxase tamén

[edit | edit source]

Outros artigos

[edit | edit source]

Ligazóns externas

[edit | edit source]